Os viticultores recomendan non podar con chuvia ou xeada para evitar enfermidades da madeira

MEIS> Os viñedos atópanse en parada vexetativa e é o momento de facer diferentes traballos como a poda ou os coidados do chan. Os viticultores recomendan evitar as chuvias e as xeadas á hora de podar para previr ás enfermidades da madeira. Para elo tamén é importante desinfectar ás ferramentas.

Despois da época da vendima, os viñedos van perdendo pouco a pouco a vexetación ata entrar na fase de parada vexetativa. Unha etapa que dura dende outubro ata os primeiros brotes de marzo. Nesta época, os viticultores realizan tarefas de poda e coidado do chan.

Durante a poda é importante ter en conta as condicións climatolóxicas. Podar durante as chuvias ou as xeadas favorece ao contaxio de enfermidades da madeira.

Seguindo na liña de previr enfermidades, tamén é recomendable desinfectar ás ferramentas a hora de facer a poda.

Outras das tarefas a realizar nesta época son as análises do chan. Segundo Suso Paz este é o mellor momento para coñecer as emendas de abonado que hai que realizar.

A hora de abonar o chan tamén hai que ter en conta as condicións meteorolóxicas. Xa que as calizas son moi volátiles e poden ser trasladadas a outras leiras ou vivendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí