PONTEVEDRA> Máis de 380 farmacias da provincia adheríronse finalmente ao cribado poboacional. En total, todas elas repartirán esta semana máis de 30.000 test a cidadanía de entre 40 e 64 anos. Iso si, cada establecemento soamente poderá repartir 10 probas diarias.
O cribado poboacional estendeuse hoxe a máis de 380 farmacias da provincia de Pontevedra. O obxectivo destas probas PCR en saliva é detectar persoas asintomáticas. Para iso, cada unha das boticas recibiu 80 tubos coma este.
A acollida por parte da cidadanía é moi positiva, de feito, en farmacias coma esta entregáronse todos os kits dispoñibles.
Na rúa, a opinión da cidadanía con respecto a este cribado é dispar. A meirande parte dos pontevedreses cren que é unha moi boa iniciativa pero outros non están convencidos da súa eficacia.