Os animais non transmiten o coronavirus

PONTEVEDRA> En Italia e en China foron abandonados pola crise do coronavirus miles de mascotas. E, aínda que non existe ningunha proba de que os animais poidan transmitir o coronavirus, o temor ao contaxio estendeuse tamén a nosa comunidade. Unha situación que preocupa ás protectoras e veterinarios da nosa comarca.

Non existe ningunha evidencia científica que avale que as mascotas transmitan o coronavirus. Sen embargo, a preocupación e o temor entre a cidadanía é tal que as cifras de abandonos medraron dende o inicio da pandemia.

Actualmente hai tres casos de animais domésticos contaxiados en todo o mundo. O motivo, segundo o Ministerio de Sanidade, é que aínda que as mascotas non poidan transmitir o covid-19 aos seres humanos, non acontece o mesmo á inversa.

Dende o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra piden a tranquilidade da cidadanía e recomendan estas medidas no caso de dar positivo en coronavirus.

Lavarse as mans, non tocar os ollos, a nariz e a boca ou cubrirnos ao tusir son medidas coas que podemos frear o contaxio. Porque soamente extremando a nosa limpeza e hixiene conseguiremos protexer aos que nos rodean e, por suposto, tamén a eles. Ás mascotas que, sen dúbida, seguen sendo a mellor compañía que podemos ter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí