Bo prezo, pero poucas capturas

RIANXO> Así está a ser o inicio da campaña de bou de vara na ría de Arousa. Onte en Rianxo subhastáronse máis de 2.500 quilos de volandeira, a principal especie desta arte. Unha cifra semellante á subhastada hoxe, que acadou un prezo máximo de nove euros.

O arranque da campaña do bou de vara en Rianxo non está a ser o agardado.  As escasas capturas, a excepción da volandeira, fan augurar un mal ano para os mariñeiros que se dedican a esta arte na ría de Arousa.

O primeiro día capturáronse ó redor duns 2.600 quilos, cun prezo máximo de nove euros. Unhas cifras semellantes as recollidas hoxe.

O resto de especies apenas tiveron incidencia na rula rianxeira, como é o caso do chopo ou a nécora.

Apenas dous días dende o inicio da campaña, aínda é moi cedo para sacar conclusións, pero visto o visto, todo apunta a que non será un moi bo ano para a flota do bou de vara que deberá prolongar a súa actividade ata marzo.