BNG e PP votan en contra da gratuidade do parking no Gran Montecelo

Pontevedra> No pleno da corporación unha das dúas propostas presentadas polo PSOE, na orde do día, foi a da gratuidade do parking do Gran Montecelo. O líder socialista cre que nesta materia non hai medias tintas ou se está favor dun sistema totalmente gratuíto ou en contra. Unha moción que se rexeitou cos votos en contra do PP e o BNG.

O proxecto do Gran Montecelo volveu ao pleno, pero nesta ocasión, debido a moción presentada polo PSOE centrada na gratuidade do parking desta infraestructura.

Unha moción que non apoian dende o PP e o BNG quenes consideran que é o momento de sumar e non restar e, polo tanto, apostar por un hospital público e de calidade.

Un pleno, o de hoxe, que estivo movidiño, e onde Hernández e Lores tiveron un pequeno enfrontamento despois de que o alcalde pedise silencio na sala aos funcionarios do concello.

Unha moción que se rexeitou cos votos a favor do PSOE, Marea e Cidadanos e os votos en contra do PP e do BNG.