O BNG organiza unha charla informativa sobre a revisión catastral

BOIRO> O BNG de Boiro organiza unha charla informativa sobre a revisión catastral. O concelleiro Carlos Ansoar e o avogado Pablo Ferreirós informarán ós asistentes sobre os dereitos dos propietarios en relación ó cobro dunha taxa polo proceso de actualización do catastro. O BNG xa ten amosado o seu rexeitamento ó proceso de revisión catastral que se está a desenvolver no concello de Boiro. Ademais da suba do IBI derivada da propia actualización do catastro denuncian o cobro dunha taxa de sesenta euros ós propietarios, que cualifican de sanción encuberta e debería ser asumida pola administración. Critican tamén a pasividade do goberno local por non ter recorrido ás bonificacións fiscais que establece a lei tributaria en distintos supostos.Para informar ós cidadáns sobre estas e outras cuestións desenvolverá mañá un acto ás nove da noite no centro social.