Iniciadas as obras de mellora na rúa da Coruña en Noia

NOIA> Hai uns días  iniciábanse as obras de pavimentación e mellora vial na rúa da Coruña, unha das principais arterias de comunicación do centro de Noia que conecta o barrio de San Bernardo e a estrada comarcal Noia-Muros.

O executivo local inviste nesta actuación preto duns 85 mil euros, froito en parte dun convenio asinado o pasado ano coa Deputación da Coruña.

A reforma desta rúa súmase tamén a outras actuacións de mellora de viais levadas a cabo nos últimos meses na localidade, non só no casco urbano senón tamén no resto de parroquias.

As obras de mellora da rúa da Coruña prolongaranse aínda uns días máis, polo que dende o Concello piden desculpas ós veciños que poden verse afectados polas molestias que se lles están a ocasionar.