Noia acolle o Campionato Infantil Feminino de España de Fútbol Sala

    NOIA> As seleccións autonómicas infantís femininas de Galicia, Madrid, Murcia, Andalucía, Cataluña e Castela A Mancha daranse cita esta fin de semana no campionato de España de fútbol sala que se desenvolverá en Noia. Pola súa banda, o alcalde de Noia amosou o seu agradecemento e satisfacción por poder organizar este evento no marco dos numerosos actos que se están a desenvolver na vila co gallo do oitocentos cincuenta aniversario. As competicións darán comezo o venres pola mañá coa fase de grupos. O sábado disputaranse as semifinais mentres que o domingo terá lugar a gran final ás doce do mediodía.