NOIA> Dende a formación sinalan que a execución desta actuación leva paralizada máis de dous anos. A Marea de Noia quixo denunciar esta mañá a parálise na que se atopa o proxecto de mellora do servizo de abastecemento de auga no municipio. Un proxecto para eles vital que viría a resolver definitivamente os problemas de turbidez. Segundo a Marea van alá dous anos dende que a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, anunciara xunto co actual alcalde, Santiago Crespo, a licitación da obra e esta segue sen executarse. Un aspecto que segundo eles vén a evidenciar claramente o interese do PP en sacar un rédito electoral desta actuación.
Inicio NOIA