A AECC pide a toda a sociedade que se una ao Acordo Contra o Cancro

PONTEVEDRA> 1 de cada 5 pacientes de cáncer non foron diagnosticados durante o confinamento e para moitos a súa situación agravouse durante a pandemia. Hoxe, no Día Mundial Contra o Cáncer, a Asociación Española desta enfermidade pediu un gran acordo por parte de toda a sociedade.

Hoxe é o Día Mundial Contra o Cáncer e aínda que este ano a Asociación Española Contra o Cancro non puido saír a rúa a dar visibilidade a esta enfermidade por culpa da Covid, o colectivo non quixo deixar de conmemorar esta xornada. Fíxoo pedindo un gran acordo por parte de toda a sociedade.

E se a situación dos pacientes de cancro xa era complicada antes da pandemia, a Covid non fixo máis que agravar a súa situación. De feito, 1 de cada 5 pacientes non foron diagnosticados durante o confinamento.

Coa Covid, o cáncer pasou a un segundo plano e por iso a Asociación Española Contra o Cáncer aproveitou esta xornada para seguir reivindicando as necesidades dos pacientes.

Ao longo desta xornada, a Asociación Española Contra o Cáncer celebrou un foro para analizar en profundidade o impacto da pandemia nos pacientes de cancro. Ademais, a ilusión e o optimismo estendeuse a toda a provincia de Pontevedra xa que foron moitas as administracións e empresas que iluminaron os seus edificios de verde, a cor da esperanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí