Máis dunha trintena de actividades para que se viva o Nadal en Poio

POIO> Máis de 30 actividades para todos os públicos. É a proposta do concello de Poio para a época de Nadal. A programación comeza este venres co prendido do alumeado e rematará o 8 de xaneiro. Este ano recupéranse tamén algunhas das citas máis populares, como as badaladas de San Martiño, a Carpa de Nadal na Seca ou a gran recepción aos Reis Magos.

Animación nas rúas, maxia, contacontos, deporte, música… ata unha trintena de actividades para toda a familia dan forma á programación de Nadal do concello de Poio.

O programa comeza este mesmo venres e prolongarase ata o 8 de xaneiro. Moitas das actividades terán o epicentro na explanada da Seca. Por segundo ano consecutivo, dende o 26 de decembro instalarase a Carpa de Nadal.

‘Vive o Nadal en Poio!’ recupera ademáis outras citas populares desta época. É o caso das Badaladas de San Martiño, o día 30 ás 8 da tarde, coas que despedir por adiantado este 2022. Tamén o día 5 de xaneiro celebrarase a tradicional recepción aos Reis Magos.

O programa inclúe novidades. O sábado 7 de xaneiro haberá Festa Infantil e o domingo 8 a Orquestra LaOcaband ofrecerá un concerto que porá o broche de ouro á programación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí