“A estación violenta” chega ás salas de cine

Pontevedra> “A estación violenta”, ópera prima da xoven directora Anxos Fazáns, chega ás salas comerciais. Despois do seu percorrido por festivais nacionais e internacionais, a película, rodada en Galicia e en galego, enfróntase á opinión dos espectadores.

A primeira película da directora novel Anxos Fazáns chega ós cines. A historia, baseada nunha novela de Manuel Jabois, está protagonizada por Nerea Barros e Alberto Rolán.

O filme súmase a outras producións galegas e en galego que coinciden nas salas estes días, o que marca o camiño para o sector en Galicia, como apunta outro dos actores da película.

Tras o seu paso por distintos festivais, é agora o momento de compartila co público xeral.

A Estación Violenta foi rodada en Santiago e distintos escenarios da provincia de Pontevedra, tendo gran protagonismo o territorio.

Tamén é importante no filme a música, sobre todo a música en directo, polo que durante a promoción se realizarán concertos con algunhas das bandas que participaron na película.