Arousa Norte pon en marcha as mesas colaborativas coa incorporación de Dodro

BOIRO> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vén de poñer en marcha as mesas colaborativas nas que participan distintos departamentos dos catro concellos do BArbanza. Nesta primeira etapa sumouse tamén o concello de Dodro, interesado en participar no desenvolvemento común dunha estratexia non só a nivel turístico senón tamén cultural, deportiva e social.

O viveiro de empresas de Espiñeira, en Boiro, acollía a primeira das mesas colaborativas organizadas por Arousa Norte. Técnicos dos distintos departamentos municipais dos concellos de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo e tamén de Dodro traballan conxuntamente na elaboración dunha estratexia turística común.

Durante a xuntanza abordaron a necesidade de concorrer de xeito coordinado ás distintas liñas de subvencións así como a participación conxunta nas distintas feiras de turismo.

Ademais da colaboración con Dodro, a Mancomunidade está inmersa noutros proxectos que implican tamén a municipios non incluídos no xeodestino. É o caso de Porto do Son que se integraría no proxecto de posta en valor da Idade de Ferro a través de diversos xacementos castrexos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí