A Xunta reúne ás 63 confrarías galegas para abordar os retos de futuro do sector

RIBEIRA> O presidente da Xunta mantivo un encontro coas novas directivas das confrarías galegas. Na xuntanza celebrada en Ribeira destacou o seu papel como aliadas da Xunta na aposta por unha explotación sustentable dos recursos.

As novas xuntas directivas das 63 confrarías galegas, e das tres federacións provinciais, elixidas nas eleccións do pasado mes de outubro, mantiveron unha xuntanza en Ribeira para analizar os retos de futuro do sector.

O presidente da Federación Galega de Confrarías, que revalidou o cargo, apelou á colaboración entre tódolos pósitos para acadar unhas mellores condicións laborais e unha xestión máis eficiente dos recursos pesqueiros.

Neses mesmos termos se expresou o presidente da Xunta que considera clave a unión para  facer fronte ás decisións doutras administracións, como o goberno central ou a comisión europea, que non teñen en conta as necesidades da flota galega. Referiuse entre outra ós futuros proxectos de eólica mariña ou que o peixe quedara excluído da baixada do IVE malia tratarse dun alimento de primeira necesidade.

Nesta liña, a Xunta seguirá a incrementar os orzamentos para impulsar o sector pesqueiro ascendendo no presente exercicio a 212 millóns de euros.