O BNG de Boiro presenta varias propostas ós orzamentos municipais do ano que vén

BOIRO> Os nacionalistas farán propostas en catro eidos principais: Servizos Sociais, Cultura, Dotación de Servizos e Medio Ambiente.

Os BNG presentaba as propostas que lle trasladarán ó goberno local para que sexan incluídas nos orzamentos municipais que se están a elaborar de cara ó vindeiro ano 2020. En materia de servizos sociais reclaman a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres para seren destinadas a vivendas sociais ou o inicio dos trámites para o estudo da mellor ubicación para a residencia da terceira idade, unha vella demanda no municipio.

En canto a Servizos reclaman a dotación de aparcamentos para vehículos de dúas rodas, o arranxo da estrada de Redullo a Ameán ou a apertura do aparcadoiro de A Negral. Tamén piden en materia de Medio Ambiente a mellora do servzo do lixo e a introdución do modelo da compostaxe. En Cultura reclaman a reapertura de Radio Boiro, o acondicionamento e dotación de persoal e material para o centro social de Abanqueiro e a recuperación do pazo de Goiáns.

Serán propostas todas elas prioritarias de cara a darlle o seu apoio ó goberno municipal en minoría, se este quere sacar adiante o seu proxecto orzamentario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí