CAMBADOS> O museo do viño de Cambados conta dende este xoves cunha exposición moi especial: maquetas, cadros e pezas audiovisuais creadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Castrelo. A través das diferentes obras, os estudantes describen todo o proceso de elaboración do viño. As maquetas creadas con pezas de lego incluso conteñen parte robóticas.
No museo do viño de Cambados pode gozarse a partir deste xoves unha das exposicións máis especiais que acolleu o centro. Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Cambados crearon diferentes obras artísticas na que describen todo o proceso de elaboración do viño.
No centro escolar, dedican cada ano actividades a poñer en valor a algún dos sectores importantes na vila. Esta edición o escollido foi o da viticultura, cada curso centrouse en realizar unha obra diferente.
As maquetas incluso conteñen partes robóticas con movementos. O alumnado gozou coas creacións e demostrou o aprendido.
A mostra estará exposta de maneira temporal pero polo de agora non ten data de finalización. Para o concello este proxecto é unha boa maneira de realizar exposicións vivas no museo do viño e agardan poder seguir colaborando cos centros escolares da vila.