1125 estudantes de Pontevedra examínanse ata o xoves da ABAU

204

Pontevedra> Un total de 1125 estudantes de 29 centros educativos de Pontevedra comezaron hoxe a Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, o que supón un 11 por cento máis que no pasado ano. Unhas probas que rematarán o xoves e que na cidade do Lérez se realizan na Facultade de Ciencias Sociais, na Escola Universitaria Técnica Forestal e no Centro de Recursos Especiais da Once.

Nervios, moitos nervios é o ambiente que se respiraba a primeira hora no Campus de Pontevedra, xa que nesta xornada un total de 1125 estudantes de 29 centros de Pontevedra comezaban a antiga Selectividade, o que actualmente se denomina como Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade. Pese aos nervios do comezo, ao pasar o primeiro exame parece que a cousa xa se tranquliza.

E ao pasar o primeiro exame os nervios quedaron as portas xa que para a gran maioría a cousa pintaba be,

Algúns van a estas probas a dalo todo, xa que precisan unha nota alta de corte, outros pola contra van máis tranquilos, válelles con aprobar.

Hoxe foi a quenda das materias comúns Historia, Lingua e Literatura, Galego e Inglés e mañá mércores e o xoves será a quenda para as específicas. A nos soamente nos queda desexarlles moita sorte, e que o xoves poidan celebrar o seu fin de exames cun bo sabor de boca.