O goberno de Ribeira obrigado a recuar

RIBEIRA> Os grupos da oposición e a plataforma  de afectados sáense finalmente coa súa tralo acordo plenario de onte a noite que obriga ó Concello a realizar un estudio técnico que inclúa o vial de Xarás a Frións como alternativa á estrada de circunvalación que proxecta a Xunta.

Doce votos a favor: PBBI, BNG, Partido Socialista e Suma Ribeira, e nove abstencións, as do PP. Este foi o resultado da votación da moción presentada ó pleno de xeito conxunto polos grupos da oposición e que pedía realizar un estudio técnico independente no que se valorara a proposta de reformar a estrada de Frións-Xarás para convertela na circunvalación, tal e como se acordara en pleno en outubro de 2020.

Nos seus argumentos os grupos da oposición volveron incidir no menor impacto ambiental desta actuación ademais dun custe menor.

O PP insistiu en que este vial non solucionará os problemas circulatorios que presenta na actualidade Ribeira.

Ademais intentou, sen éxito, introducir unha emenda a moción presentada polos grupos da oposición para que sexa a Deputación da Coruña, titular do vial, a encargada de realizar ese estudio de viabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí