A Pobra estuda implementar novas medidas ante a suba dos casos activos de covid

A POBRA> A mala evolución en toda a comarca preocupa a moitos alcaldes que ven como, a pesar das restricións impostas por Sanidade e as medidas adicionais, son incapaces de dobregar a curva. É o caso da Pobra que rexistra a día de hoxe 39 casos activos.

Dende o concello tiñan previsto manter as medidas adicionais de prevención ata o próximo luns día 11. Ante a tendencia ascendente, volverán manter unha reunión para decidir novas restricións a aplicar ou modificar outras que non están a surtir efecto.

Isto á espera de manter unha nova xuntanza con Sanidade o próximo luns quen decidirá se mantén ó concello no nivel medio-alto de restricións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí