O turismo en Rías Baixas reactívase en verán cunha ocupación estimada do 75% en xullo e do 80% en agosto

PONTEVEDRA> O sector turísticos mira con esperanza a chegada do verán. Segundo os datos do Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra baseados en reservas reais a ocupación nas Rías Baixas sería superior ao 75% en xullo e ao 80% en agosto. Cifras condicionadas á evolución da pandemia.

O sector turístico agarda a chegada do verán cos brazos abertos. Confían en que sexa o tempo da reactivación; unha idea que apoian os datos do Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra.

A día de hoxe, o sector hoteleiro da provincia ten un 57% de reservas para xullo e o 66% en agosto. Uns datos provisionais que todo apunta a que mudarán para mellor. A experiencia sinala que o pico de reservas dáse entre o 28 de xuño e o 10 de xullo, roldando o 75% e o 80% de ocupación en xullo e agosto, respectivamente.

Segundo os datos do observatorio, os de agosto son os mellores datos. Na comarca do Salnés roldaríase o 71% de ocupación, mentres que na de Pontevedra sería case dun 68% e en Caldas do 50%. En canto aos destinos máis populares, Sanxenxo situaríase nun 70%, Pontevedra nun 60 e O Grove en case un 57%.

En canto ao mes de xuño, os datos de ocupación da provincia de Pontevedra foron de case o 43%. Destaca Pontevedra cidade, que rexistrou un 52,7%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí