Pontevedra> A xornalista María Varela será a pregoeira das Festas da Peregrina deste 2018. Dende o concello dixeron que é un orgullo que esta muller, xefa de redacción do Diario de Pontevedra, accedese a ser a encargada de dar o pistoletazo de saída ás festas da cidade. Pola súa banda Varela dixo que o seu pregón tratará de reflexar ás mulleres e ao xornalismo.
A xornalista María Varela será a encargada de dar o pistoletazo de saída ás festas da Peregrina. Dende o concello presentaron esta mañá a pregoeira das Festas da Peregrina 2018. Unha muller importante para a cidade e que ten moito que dicir, segundo deixaron patente nesta xornada a concelleira de Festas e o alcalde da Boa Vila.
María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra, amosouse encantada con este convite.
Varela dixo que aínda non comezou a escribir o seu discurso para o pregón, pero o que sí ten claro é que haberá palabras de agradecemento á Cidade de Pontevedra que tan ven a acolleu, e tamén será un pregón onde o papel da muller e dos xornalistas se verá reflectido.
Un pregón que terá lugar o sábado 11 de agosto ás 12 da mañá dende o Pazo de Mugartegui. Días antes de seguro que coñeceremos un pouquiño máis sobre as verbas que María Varela ofrecerá durante esa xornada que dará a saída as Festas grandes da cidade, ás Festas da Peregrina.