Mar e Sanidade insisten na necesidade de excluír ó marisqueo das actividades esenciais

GALICIA> A Xunta de Galicia segue a demandar a exclusión do marisqueo entre as actividades esenciais. Piden un trato específico para este sector trala caída das vendas provocadas polo peche das súas canles de comercialización.

A Conselleira de Mar e o Conselleiro de Sanidade veñen de remitir un escrito ó goberno central solicitando a exclusión do marisqueo e da extracción de recursos específicos como actividade esencial durante o estado de alarma. Xustifican esta necesidade nas dificultades para desenvolver o seu traballo en condicións de seguridade así como a caída das vendas ante o peche das canles de comercialización dos seus produtos.

A administración autonómica responde así ó requirimento do Minsiterio de Sanidade solicitando un informe sobre as limitacións que impiden o desenvolvemento da actividade marisqueira con plenas garantrías de seguridade.

No documento remitido polas consellerías detállanse as dificultades de manter a distancia de seguridade, especialmente no caso das persoas que traballan dende embarcacións. Tamén aluden ós problemas xerados pola humidade no uso das máscaras ou pantallas de protección que se empañan constantemente. estes problemas únense á caída da demanda producida tralo peche da hostalería que provocou un drástico descenso da facturación do sector polo que demandan que se flexibilicen os requisitos para acceder ás prestacións extraordinarias por cese de actividade.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí