Arranca en Ribeira a cuarta edición da Feira do Libro

RIBEIRA> Ribeira acolle ata o domingo a cuarta edición da súa feira do libro. Este xoves, a escritora Paula Carballeira daba o pistoletazo de saída ó evento cun orixinal pregón no que destacou a importancia da lectura e dos contos ó longo do noso ciclo vital.Participaron tamén no acto inaugural os representantes das distintas administracións que fan posible esta feira. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña quixeron agradecer o esforzo da federación de libreiros de Galicia por seguir a participar nestas feiras que contribúen á promoción da lectura e, sobre todo, á difusión do libro en galego.Nos mesmos termos se pronunciou o alcalde de Ribeira quen agradeceu a gran implicación das tres administracións para converter esta feira nunha cita xa consilidada no calendario galego. Nada máis abrir as súas portas, un goteo de persoas se achegou ás distintas casetas que compoñen a feira. Cinco librerías, o expositor da Deputación e a biblioteca do concello compoñen esta cuarta edición que ofrece moita variedade ó lector. O bo tempo con que arrancou a feira ribeirense animou a moitos lectores a achegarse ata as casetas. As primeiras impresións entre os libreiros foron bastante boas posto que o feito de sacar os libros á rúa sempre anima as vendas. Destaca este ano a ampla variedade da oferta bibliográfica con librerías especializadas en temas moi específicos. Nesta cuarta edición resérvase tamén un espazo especial para os autores da comarca que presentarán as súas novidades editoriais e estarán presentes nas firmas de libros.