Agardas de ata 12 días para unha consulta co médico no Grove

O GROVE> O Grove súmase tamén ás protestas polos recortes no seu centro de saúde. O concello enviou unha carta á Xunta de Galicia para trasladar o malestar da veciñanza polas demoras nas consultas, debido á falta de substitución dos facultativos de baixa e xubilados. Os médicos en activo están a atender unha media de 50 doentes ao día.

Agardas de entre 6 e 12 días para unha consulta de Atención Primaria. Esta é a realidade que enfrontan os veciños do Grove.

Dos sete facultativos do centro de saúde, dous xubiláronse e outros tantos están de baixa. Dende o Sergas, só cubriron dúas prazas.

No concello do Grove recolleron o malestar dos veciños, que trasladaron nunha carta á Xunta de Galicia. O edil de sanidade, Javier Caneda, coñece a situación de primeira man: e é que ademais de concelleiro da área, é médico no Punto de Atención Continuada meco.

Na carta tamén advirten de que a situación aproxímase ao colapso, polo que reclaman medidas urxentes para poñer solución e recuperar o papel fundamental que a Atención Primaria xoga no sistema sanitario público.