Cambados di non á violencia machista

CAMBADOS> Este domingo conmemorase o Día Internacional contra a Violencia Machista. Os concellos da contorna celebraron hoxe unha previa a ese día coa lectura dun manifesto e diferentes actos. Estivemos en Cambados, alí a alcaldesa acompañada de concelleiros e persoal do consistorio deron lectura ao citado texto e recordaron as numerosas accións que se celebrarán para mostrar a repulsa dos cidadáns contra esta lacra.

O vindeiro 25 de novembro, ou o que é o mesmo, este domingo, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia Machista. A pouco máis de un mes para que remate o ano, a violencia machista cobrouse a vida de máis de 40 mulleres. Por iso a meirande parte da cidadanía e as institucións están a mobilizarse en contra de esta lacra.

Hoxe estivemos en Cambados, alí membros do equipo de goberno e persoal do consistorio saía as portas da edificación para dar lectura ao manifesto. A alcaldesa ademais recordou algunhas das numerosas actividades que se sucederan ata o domingo…

Diferentes concellos do Salnés celebraron un xesto similar a o de Cambados no día de hoxe, e están a espera dos actos que se sucederan ata o vindeiro domingo.