O PP de Noia renova 6 dos 10 primeiros postos da súa candidatura

NOIA> O PP de Noia presentará a súa candidatura ó completo nun acto previsto para o 5 de maio Polo momento, o cabeza de cartel xa adiantou os primeiros postos da lista nos que a case a metade repite e outros seis son novas incorporacións.

As actuais concelleiras Beatriz Rosende, Laura Salgado e Ana García, xunto co propio candidato Santiago Freire, repiten entre os dez primeiros postos da lista xunto con novas incorporacións como David Neira, Luis Alamancos ou Eva Varela.

O candidato destacou a gran valía desta lista que conta con representantes de tódalas parroquias, franxas de idade e sectores profesionais e sociais. Con ela, aspira a volver contar co apoio maioritario dos noieses e incluso mellorar os resultados das anteriores eleccións, presentando como mellor aval o traballo feito ó longo destes 4 anos.

A presentación da candidatura completa tera lugar o próximo 5 de maio nun acto que dará comezo ás nove da noite no Coliseo Noela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí