A Deputación da Coruña abre o prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL

BARBANZA> Os  galardóns, que chegan este ano á súa terceira edición, repartirán uns 75 mil euros en premios.

Por terceiro ano consecutivo a Deputación da Coruña volverá a premiar ás mellores iniciativas empresarias da provincia. Farao novamente a través dos Premios cos que se pretende recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas ou asociacións empresarias, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego, e contribuíndo, de paso, ó fomento da cultura emprendedora na provincia.

O certame, que chega este anoa súa terceira edición, conta con importantes novidades. Entre elas, que se amplían de dúas a cinco as categorías. Ademais dos galardóns ás empresas, este ano créanse novas categorías para concellos e asociacións empresariais que fomenten o emprego e o emprendemento.

Así haberá un total de cinco premios: á mellor iniciativa empresarial nova, á mellor iniciativa empresarial consolidada, á mellor iniciativa empresarial xeradora de emprego, ó mellor concello promotor de emprego de calidade e por último á mellor asociación empresarial.

O prazo de presentación de candidaturas xa está aberto, podéndose presentar ata o 28 de febreiro, a través d apropia web da institución provincial.