Noia acolle a segunda proba da Copa Galicia de 3 horas de resistencia BTT

NOIA> Noia volverá ser sede dunha das probas da Copa Galicia de  3 horas de Resistencia BTT. Será este domingo nun circuíto habilitado no polígono de Augalevada e contara con preto de 300 competidores.

Noia acollerá o domingo día 21 a segunda das cinco probas que compoñen a Copa Galicia de BTT 3 horas de Resistencia.

Uns 300 ciclistas tomarán parte na proba consistente en completar o maior número de vloltas posible do circuíto de algo máis de 5 quilómetros.

Os interesados en participar poden inscribirse ata este mércores ás doce da noite a través da web da Federación Galega de Ciclismo.