Rafa Domínguez creará un código ético e un comité asesor local

Pontevedra.  O xa presidente do PP Local anunciou nesta xornada cales serán os primeiros pasos que dará tralo décimo segundo Congreso do Partido Popular. Rafa Domínguez dixo que o primeiro tema que abordará será o emprego con reunións con diferentes entidades da cidade. Ademais Domínguez dixo que hoxe presentará un novo código ético Local co fin de eliminar os privilexios entre os concelleiros, e tamén anunciou que solicitará a creación dun comité asesor local.

Rafa Domínguez ofrecer nesta xornada a súa primeira rolda de prensa como Presidente do PP Local. Nunha cita onde anunciou que hoxe presentaría un novo código ético Local.

Rafa Domínguez tamén dixo nesta xornada que pedirá ao Comité Executivo do Partido  que se aprobe a creación dun comité asesor local.

En relación ás listas dixo que era demasiado cedo para pechalas e que ata o ano que ven terá tempo a perfilar os concelleiros que o acompañarán no seu camiño cara a alcaldía da cidade.

Domínguez tamén anunciou nesta xornada que o primeiro tema que tratará como presidente será o emprego e que, para isto, manterá reunións con diferentes entidades da cidade, como AEMPE ou AJE. O presidente do PP LOCAL non sabe en que momento deixará o seu cargo como concelleiro Jacobo Moreira, quen será substituído por Gerardo Pérez Púa.