PONTEVEDRA> Pontevedra conmemorará o vindeiro 30 de xullo o Día Internacional do Bordado. Será coa proposta ‘Vés bordar?’, un picnic e sesión conxunta de bordado impulsada pola artista mexicana Maritza Bertolini. A cita será a partires das 6 da tarde baixo o magnolio dos Xardíns da Deputación e estará aberta a todos os públicos.
Vés bordar? É a tentadora pregunta que se nos plantexa na nova actividade impulsada dende o concello de Pontevedra. Da man dar artista mexicana Maritza Bertolini, a cidadanía está convidada a celebrar o Día Internacional do Bordado.
A cita será o vindeiro 30 de xullo a partires das 6 da tarde. O espazo: baixo o magnolio dos Xardíns da Deputación. A proposta: un picnic á sombra para tecer comunidade.
A actividade é totalmente aberta e inclusiva, apta para todos os niveis. Só é preciso presentarse baixo o magnolio cunha manta para sentar no chan e os materiais de costura. Tamén se pode levar algo de picar para compartir na merenda.
No marco da presentación de Vés bordar?, Bertolini reivindicou o bordado como ferramenta política e artística. Tradicionalmente vinculado ao traballo doméstico e mesmo utilizado como elemento de control sobre as mulleres, actualmente estase a rachar con ese estigma.










