As novas oficinas municipais, da rúa Ferreiros, estarán en funcionamento para o verán do 2019

Pontevedra> O Goberno de Pontevedra presentou nesta xornada o proxecto final das oficinas municipais na rúa Ferreiros. Uns traballos que previsiblemente comezarán no último trimestre deste ano e que contarán con 6 meses de prazo de execución. O investimento final neste espazo será de máis de 2 millóns de euros entre a compra do inmoble, de 2 plantas, e a equipación do mesmo.

Dende o concello xa teñen todo claro de como irá organizado as novas oficinas municipais que o concello terá na rúa dos Ferreiros. Unha sede que contará cun espazo de 1300 metros cadrados repartidos en dúas plantas e onde traballarán un total de 70 funcionarios dos departamentos de xestión tributaria e urbanismo.

Unhas oficinas que contarán con materiais de última xeración que produciran un aforro enerxético do 50 por cento neste inmoble.

O alcalde agarda ter licitada a obra destas oficinas municipais e comezar os traballos no último trimestre deste 2018, unhas obras que contarán con 6 meses de prazo de execución. Co cal estarán rematadas previsiblemente para o verán do 2019. Unhas novas oficinas municipais que contarán cun investimento de máis de 2 millóns de euros entre a compra do edificio e o mobiliario interior do mesmo.