Rianxo oponse á nova regulación do xeito que deixaría fóra ó setenta por cento da flota

RIANXO> As novas medidas reguladoras do xeito recoñecen tan só a trinta e sete embarcacións en Rianxo, en función do histórico de capturas dos últimos tres anos. Dende a confraría están decididos a recorrer esta orde que non ten en conta as licenzas recollidas nos permex que permiten ós seus titulares dedicarase a unha ou a outra arte. Ademais de opoñerse a esta nova orde reguladora que deixaría fóra a máis do setenta por cento da flota, dende Rianxo reclaman tamén que se abran as cotas de bocareu para as embarcacións xeiteiras. Non entenden as constantes restricións das administracións á flota do xeito, unhas das máis respectuosas e menos prexudiciais para o medio mariño polo seu carácter artesanal.