O Cristo de Leiro volve presidir as Ruínas de Santa Mariña

CAMBADOS> O Cristo do escultor Francisco Leiro volve presidir as Ruínas de Santa Mariña. A imaxe foi instalada esta mañá no altar por terceiro ano consecutivo. Dende o concello agardan que ocupe este lugar ata despois do verán.

A imaxe dun Cristo volve presidir o as Ruínas de Santa Mariña, en Cambados. Operarios do concello instalaron esta mañá no altar a obra do escultor Francisco Leiro, que ocupa este lugar por terceiro verán consecutivo.

A figura de case tres metros está realizada en madeira policromada. De aí que se retire ao finalizar o verán, para evitar a súa exposición ao inverno e a época de chuvias e evitar o seu deterioro.

Este Cristo de Leiro viu substituír outra imaxe que ocupara o altar das ruínas durante moitos anos. O seu deterioro obrigou ao goberno de Luis Aragunde a deseñar un plan de restauración. O proxecto foi paralizado polo cuatripartito polo seu elevado custo: 7500 euros.

O concello de Cambados contactara co Arcebispado de Santiago para buscar unha solución, pero nunca obtiveron resposta.