500 euros gañados pola compra dun bolígrafo coa campaña do Día da Nai de Zona Aberta

VILAGARCÍA> Natalia Ares gaña o premio de 500 euros en vales regalo da campaña do Día da Nai organizada por Zona Aberta en Vilagarcía. A premiada adquiriu o boleto para o sorteo comprando un bolígrafo ó seu fillo. A asociación de comerciantes asegura que a promoción tivo unha gran acollida.

A última campaña da Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía sorteaba un único premio de 500 euros. A agraciada adquiriu o boleto na tenda La Casita de Kitty, e neste mesmo establecemento recibiu o premio.

Natalia adquiriu o boleto tras comprar un bolígrafo para o seu neno.

A premiada xa ten decidida algunhas das compras que vai a realizar co vale e, por suposto, o seu pequeno levarase máis de un agasallo.

Dende a Asociación aseguran que a campaña tivo unha gran acollida.