A Asociación Bata preto de crear unha nova sede no antigo edificio de Esperanza Salnés

CAMBADOS> A asociación Bata creará unha sede en Cambados no antigo edificio de Esperanza Salnés. A formación compartirá unha das plantas con outras dúas asociacións que traballan con persoas con trastorno do espectro autista. Representantes da asociación visitaron as instalacións para comprobar se se adaptan as súas necesidades.

A marcha de Esperanza Salnés deixou un oco en Cambados difícil de cubrir, pero dende o concello traballan para que as súas instalacións sexan utilizadas por outras asociacións con finalidades sociais. Unha delas poderá ser Bata. O goberno local pon a disposición da asociación un espazo dentro do edificio.

Dende o goberno local sinalan que o espazo está preparado para que a asociación poida desempeñar os seus traballos.

Nas instalación, Bata contaría co seu propio despacho e logo compartiría as aulas coa asociación Familias azuis, que tamén traballa con nenos con trastorno do espectro autista. Dende Bata consideran unha oportunidade poder ampliar os seus servizos no concello cambadés.

Neste espazo, a asociación axudará aos seus usuarios a traballar habilidades de adaptación a espazos exteriores como tendas ou supermercados. A cesión da instalación farase polo máximo de tempo posible que son 4 anos prorrogables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí