A empresa Serviocio será a adxudicataria das Piscinas de Campolongo durante os vindeiros 20 anos

198

Pontevedra> A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra propuxo esta mañá a adxudicación á empresa Serviocio do proxecto de reforma do complexo deportivo das Piscinas de Campolongo. Serviocio presentou unha oferta económica de 4,6 millóns de euros e un canon de 60 mil euros ano ano. O prazo de execución destes traballos será de 6 meses.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra propuxo esta mañá a adxudicación á empresa Serviocio do proxecto de reforma do complexo deportivo Piscinas de Campolongo. Serviocio presentou unha oferta económica de 4,6 millóns de euros; ofreceunha redución do 100% das tarifas sociais; dun 2,5% do resto de tarifas.

Ademais da oferta económica, a empresa tamén propón maior horario de apertura da instalación sobre os mínimos esixidos polo Concello que se resume nun maior horario de uso en época invernal.

Outra das moitas melloras que inclúe a oferta de Serviocio, é un investimento de 400.000euros para novo equipamento deportivo. Ademais, incrementarase o espazo deportivo das instalacións, con máis salas xa que desaparecen as pistas de squash e bótase unha placa para completar o primeiro andar, entre outras ampliacións.

O cronograma administrativo e de traballo terá que ser pactado coa empresa, unha vez que asine o contrato, para o que ten de prazo un mes. Dende ese momento, deixará de ter vixencia a prórroga do contrato actual, para entrar en vigor o novo. Dende a sinatura do contrato, a empresa terá un prazo de 40 días para presentar o proxecto de execución e o Concello arredor de 25 para informalo e completar os trámites administrativos. A execución da obra é de seis meses, pero o inicio dos traballos terá que ser negociado coa empresa.