PONTEVEDRA> O poboado “Tempo de Nadal” de Pontevedra foi un éxito durante estas festas. Pola praza da Ferraría pasaron centos de veciños en busca de artigos diferentes e orixinais. Ademais, o mercado recibiu tamén unha visita moi especial. Os Reis Magos achegáronse ata alí para comprar os mellores agasallos para mañá.
Por este poboado de Nadal pasaron esta semana os Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar atoparon neste mercado agasallos diferente e orixinais. Dende artigos artesanais ata ilustracións coma estas.
Neste mercado pontevedrés, os Reis Magos descubriron tamén libros para todos os públicos. Iso si, para regalo orixinal o que atoparon as Súas Maxestades de Oriente neste outro posto.
E entre compra e compra, Melchor, Gaspar e Baltasar puideron gozar incluso duns ricos churros. Ademais, como non podía ser doutro xeito, neste poboado non faltan tampouco os produtos gastronómicos máis típicos do Nadal. Porque que mellor agasallo que un rico doce.
O poboado de Pontevedra foi un éxito durante todo o Nadal e, ademais de recibir a visita dos Reis Magos, este espazo converteuse na parada obrigatoria de todos os pontevedreses durante estas festas.