O Parque dos Gafos acolle a cuarta edición do Festival Flop

Pontevedra> O Parque dos Gafos acollerá este sábado a cuarta edición do Festival Flop. Serán doce horas de música, gastronomía e actividades dirixidas a tódalas idades. O evento pretende visibilizar, normalizar e reinvindicar a liberdade de orientación sexual, coincidindo coa celebración do Orgullo LGTBI en numerosas cidades de todo o mundo.

O Festival Flop celebra a súa cuarta edición o vindeiro sábado 14 de xullo no seu escenario habitual: o Parque dos Gafos. Renovando o espírito das romarías tradicionais, haberá música, gastronomía e actividades dirixidas a tódalas idades.

Disco, House, Trap, Electro-Cumbia,… así de variada será a oferta musical, que inclúe nomes como Francis Inferno Orchestra, Guacamayo Tropical, Putochinomaricón, Ivy Barkakati, e os galegos Pálida, Percebe Cósmico e Certain People.

O festival, de carácter aberto e inclusivo, está aberto a tódalas idades, fomentando a diversidade entre colectivos sociais, familias e individuos. Para os máis cativos están programados varios obradoiros, a cargo de Martina Dadá, dende as 12 do mediodía ata as 4 da tarde, entre eles “maqui e atto rock”, “residuos nun festi” ou “¿con que queres enche-la túa cabeza?.