VILAGARCÍA> Hai unhas semanas a presidenta da Royal Yatching Association visitou os portos deportivos de Boiro, O Grove ou Vilagarcía. Coa chegada do bo tempo e coa intención de coñecer un pouco máis sobre estas instalacións achegámonos ata o de Marina Vilagarcía, onde o seu presidente nos contou como se atopa na actualidade o sector.
O sector da náutica deportiva é un dos que máis notou a crise. A pesar diso os últimos datos, referentes a venda de embarcacións son máis optimistas e fan pensar que o sector se está recuperando, aínda que como afirma, José Teijido, do Marina Vilagarcía, “moi lentamente”.
A importante labor de promoción que levan a cabo dende Portos e Turismo de Galicia, asistindo a feiras náuticas internacionais, tal e como sinala Teijido, estase a ver reflectida no interese que comezan a espertar os portos deportivos da comunidade no estranxeiro.
A pesar de que o usuario principal de este tipo de portos é o propio cidadán do núcleo de poboación máis cercano, as instalacións galegas están espertando o interese de futuros usuarios internacionais que valoran a menor antigüedade das mesmas con respecto as do resto de Europa. Dende Marina Vilagarcía sinalan ademais as boas condicións da Ría de Arousa para a práctica da náutica.
Xa o ven, todo son puntos a favor para os portos deportivos da costa galega . Por outra banda coas súas máis de 400 prazas de amarre, o porto deportivo de Marina Vilagarcía é unha excelente opción para todos aqueles amantes da náutica que buscan unha zona navegable os 365 días do ano e que ademais ofrece unhas inmellorables comunicacións por terra mar e ata por aire, coma se de unha grande urbe se tratase, sen saír dunha fermosa vila.
Inicio SALNÉS