A hostalería da Barbanza une forzas fronte á crise que asola ó sector

BARBANZA> Esta mañá unha representación das distintas asociacións existentes na comarca compareceu en rolda de prensa para explicar a súa situación e reclamar apoios das distintas Administracións para afrontar o problema. Din que non son o problema e non entenden a persecución que se está a facer do sector.

Nunca antes o sector hostaleiro da comarca do Barbanza estivo tan unido. A unión fai a forza. E dende o sector entenden que é o momento de xuntarse e loitar pola súa supervivencia. Na actualidade Barbanza conta cuns 400 negocios de hostalería, moitos dos cales quedáronse polo camiño, e outros afrontan un futuro cheo de incertezas debido á situación actual derivada da pandemia.

Dende o colectivo, que agarda poder aglutinarse nunha federación comarcal, entenden que despois de quince meses de pandemia a situación para o sector está peor que o primeiro día.

Insisten na persecución que se está a dar do sector e de que non poden manterse os mesmos criterios para establecer os niveis de restrición, porque q situación é hoxe diferente a hai varios meses.

As axudas prometidas tampouco están a chegar…

Ante esta situación teñen solicitada unha reunión urxente coa mancomunidade Barbanza Arousa para pedir o seu apoio para afrontar o problema dende unha perspectiva comarcal, coa posta en marcha de iniciativas para relanzar o sector. Tamén demandan á Xunta unha maior rapidez na vacinación dos municipios das Rías Baixas onde a incidencia é tamén maior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí