PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra presenta varias emendas á moción que o Partido Popular levará ao vindeiro pleno sobre o proxecto da A57. A formación critica o texto dos populares e consideran que demostra a falta dun proxecto para a cidade de Pontevedra por parte do PP. O BNG, pola súa banda, estudará presentar as súas propias emendas.
Todo apunta a que a A57 centrará gran parte do debate do vindeiro pleno municipal de Pontevedra. Hai uns días, o PP presentaba a moción que levará á sesión coa proposta de paralizar cas obras da infraestrutura e conectar o primeiro treito coa AP9 e o polígono do Campiño. Hoxe o PSOE anunciaba a presentación de varias emendas.
Así, o PSOE aposta por desenvolver a A57 cara o sur, coa conexión entre Vilaboa e Ponteareas. Tamén se refire á conexión do treito en funcionamento da A57 co polígono do Campiño. O PP reclama ao Goberno do Estado que o faga. Puentes ve con bos ollos a proposta pero apunta que tería que levala adiante a Xunta.
Segundo o voceiro socialista, os populares votaron en contra das emendas pero finalmente foron aprobadas na comisión de infraestruturas cos votos a favor do BNG.
Mosquera adiantou tamén que o BNG non descarta presentar as súas propias emendas a esta moción sobre a polémica A57.











