PONTEVEDRA> Que os galegos do exterior volven á casa. Ese é o obxectivo da nova estratexia Galicia Retorna que acaba de poñer en marcha a Xunta. Nas nosa contorna cada vez hai máis xente interesada en volver, en especial para as diferentes cabeceiras de comarca. O 80% dos retornados teñen menos de 65 anos, é dicir, regresan á súa terra para buscar aquí un traballo.
Se teñen algún familiar ou amigo que estea no exterior e queira volver, isto pódelle interesar. A Xunta acaba de aprobar a nova estratexia Galicia Retorna, un programa que busca facilita-lo regreso á terra daqueles que algún tiveron que marchar ou que, directamente, son descendentes da emigración. Esta iniciativa pretende poñerlles as cousas doadas.
Tradicionalmente os retornados apostaban por asentarse nas grandes cidades. Agora, a tendencia lévaos cara concellos de tamaño mediano, en especial para as cabeceiras de comarca, como pode ser Vilagarcía.
Dentro desta estratexia, a Xunta puxo en marcha cinco oficinas de asesoramento, tanto para os que queren volver, como para os que xa o conseguiron.
Un programa aberto a tódolos perfís: emigrantes que queren pasa-la súa xubilación en Galicia ou tamén aqueles mozos que un día tiveron que marchar e que agora queren asenta-la súa vida aquí.
Esta nova estratexia Galicia Retorna vén avalada polos bos datos. Por exemplo no 2019, antes da pandemia, que permitiu traer a Galicia 28.000 galegos, procedentes de 40 países do mundo.
No primeiro semestre deste 2022, Galicia tivo un saldo migratorio por riba das 12.000 persoas, o que permitiu que gañásemos poboación na comunidade, algo máis que positivo tendo en conta que aquí nacen menos persoas das que morren.