NOIA> Grazas ó programa Aquamundam, o concello de Noia contará cun avanzado sistema de información para acadar unha xestión integrada e máis sostible das augas. A aplicación de innovadoras tecnoloxías permitirá realizar unha diagnose do estado das redes de saneamento e abastecemento co fin de poñer fin ás posibles incidencias e planificar unha estratexia de futuro. Noia convértese así no primeiro concello galego que participa neste proxecto, financiado polo programa europeo Interreg España-Portugal, e que será desenvolvido por Augas de Galicia. Durante os próximos meses, Augas de Galicia tamén levará a cabo un estudo en profundidade dos sistemas de abastecemento e saneamento dos municipios de Ames, Burela e Soutomaior. O obxectivo é obter unha diagnose sobre o estado das infraestruturas nestes concellos, centrándose na súa calidade, capacidade e eficiencia.
Inicio NOIA