Don Olegario aposta pola viticultura ecolóxica en Rías Baixas

CAMBADOS> Facer unha viticultura ecolóxica en Rías Baixas é posible. Iso é o que queren demostrar dende Don Olegario. A adega cambadesa puxo en marcha o ano pasado un proxecto baseado nas prácticas tradicionais da viticultura. Agora, a primeira anada deste viño pasa os seus últimos días no depósito.

Que en Rías Baixas tamén é posible a viticultura ecolóxica, é o que queren demostrar dende Don Olegario. O ano pasado a adega puxo en marcha un proxecto con esta práctica. Unha aposta persoal pola tradición.

A tranquilidade da pasada campaña facilitou o arranque do proxecto. Agora, os 3.000 litros desta primeira anada descansan no depósito, cun resultado que cada día sorprende aos responsables da adega.

A intención da adega é embotellar o viño a vindeira semana. Despois pasará varios meses na botella, para poder saír ao mercado na tempada do Nadal.

Dende Don Olegario están moi satisfeitos con esta proba, que terá a súa réplica nesta anada que aínda está no viñedo. Recoñecen que hai uns anos era practicamente impensable sacar unha colleita deste xeito. Agora, o cambio climático favorece a aposta por este tipo de prácticas.