Concentración en Moraña esixindo o regreso do servizo de pediatría á localidade

MORAÑA> Concentración en Moraña esixindo o regreso do servizo de pediatría á localidade, que comparten con Cuntis. Á protesta asistiron varias ducias de veciños, convocados de xeito conxunto polo BNG e o PSdeG. Reclaman a reposición inmediata do facultativo. Agora mesmo as familias teñen que desprazarse a Caldas para seren atendidos.

Varias ducias de veciños atenderon á chamada do BNG e PSdeG na defensa da sanidade pública en Moraña. Concentráronse esta mañá ás portas do centro de saúde esixindo o regreso do servizo de pediatría á localidade, que comparten con Cuntis.

Denuncian tamén a falta de información e o xeito no que se enteraron da carencia da pediatra. Cren que ter que desprazarse ata Caldas é molesto para as familias.

Ameazan con máis mobilizacións e tachan xa de ‘éxito’ a convocatoria desta mañá polos efectos que, segundo cren, tivo no Sergas.

A concentración rematou coa lectura dun manifesto en defensa dos servizos públicos na localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí