Comercios pontevedreses converterán os seus escaparates en escenarios o vindeiro 8 de maio

PONTEVEDRA> Os escaparates dunha vintena de comercios de Pontevedra converteranse en escenarios por unhas horas. Trátase de Escapararte, a nova iniciativa posta en marcha polo concello para dinamizar o comercio local axudando, ao mesmo tempo, aos artistas tan golpeados pola covid19. Será o vindeiro sábado 8 de maio.

O vindeiro 8 de maio en Pontevedra os escaparates de 18 comercios locais converteranse en escenarios. Os establecementos cederán estes espazos para acoller actuacións de todo tipo e para todos os públicos.

O proxecto chámase Escapararte e nel participan locais de distintos sectores e zonas de Pontevedra. Cantantes, monologuistas, bailarias ou clowns encherán as rúas con todo o seu talento.

Dende o comercio local agradecen ao concello esta iniciativa para dinamizar as rúas. Sempre cumprindo con todas as normas covid.

As actuacións desenvolveranse durante todo o día 8 de maio. Comezarán ás 10 da mañá e rematarán ás 8 da tarde movéndose entre os diferentes establecementos que participan nesta primeira edición de EscaparArte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí