Comeza a vacinación da cuarta dose da covid e da gripe

PONTEVEDRA> Arranca a campaña da cuarta dose contra a covid-19. O Sergas comezou hoxe a imnunización con esta dose de reforzo entre os usuarios das residencias de maiores. Unha vez completada esta parte da poboación, a campaña continuará cos maiores de 80 anos e, a continuación, os de máis de 60. Sanidade ten xa sobre a mesa a reapertura dos vacinódromos para afrontar esta nova campaña.

Unha das residencias onde esta mañá comezou a inoculación da cuarta dose é a de Campolongo, en Pontevedra. Nestes centros hoxe tamén arrancou a campaña contra a gripe, para facer coincidi-las dúas picadas xuntas.

Nun brazo a cuarta dose contra a covid, ou a segunda de reforzo -segundo se queira ver- e no outro, a vacina contra a gripe. Os usuarios das residencias de maiores foron, de novo, os primeiros en estrear esta nova campaña de vacinación. Hoxe, nesta residencia de Campolongo, en Pontevedra, a xornada transcurriu con normalidade.

Hoxe foi un día importante para os usuarios deste centro. Aquí, ninguén ten dúbidas: toca seguir vacinándose para protexerse e deixar atrás o peor da pandemia.

Porque, nos últimos meses houbo repuntes, pero nada que ver coas primeiras vagas. Os profesionais das residencias téñeno claro: as vacinas contra a covid están a salvar vidas. As vacinas non só os protexe, tamén fai que a súa vida volvese á normalidade. Hoxe, conviven sen medo dentro deste centro.

Pero aínda que a vida volvese á normalidade, non se baixa a garda. Os controis continúan a ser moi estritos para evitar contaxios e, en caso de positivos, actívanse os protocolos correspondentes. A vacinación neste centro foi moi fluída. En pouco máis dunha hora, tódolos usuarios estaban xa vacinados. O seu persoal será escalonado, por precaución ante posibles reaccións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí