Cociña internacional de ‘kilómetro 0’: Pontevedra prepara a segunda edición de Mestizaxes

PONTEVEDRA> Cociña internacional pero de kilómetro cero. É a filosofía de Metizaxes, a cita que se celebrará en Pontevedra entre o 27 de abril e o 1 de maio. Nesta segunda edición a carpa da Praza de España acollerá nove stands doutros tantos restaurantes da cidade que elaboran receitas doutros países. O ano pasado a proposta tivo unha gran acollida, roldando os 15.000 asistentes.

Pontevedra volve apostar pola mestizaxe gastronómica. Do 27 de abril ao 1 de maio instalarase na Praza de España a carpa que acollerá a segunda edición desta festa gastronómica, enmarcada no proxecto Pontevedra Capital Gastro.

Nesta nova edición de Mestizaxes participarán nove restaurantes da cidade. Elaborarán cada un tres receitas salgadas e unha doce. Estarán representados Hawaii, Colombia, Corea, Venezuela, Estados Unidos, China, Xapón, México e Brasil.

Tamén se repetirán este ano os encontros mestizos. Serán desta volta na mesma carpa xa que, despois das charlas elaboraranse varios pratos.

Esta segunda edición de Mestizaxes chega avalada polo éxito da primeira. Segundo Blanco, roldáronse os 15.000 asistentes e as 10.000 racións de comida vendidas.

O evento contará con sesións de DJs ao mediodía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí