PONTEVEDRA> A rúa Fernando Olmedo é un dos puntos máis afectados pola borrasca Elsa. As intensas choivas da pasada noite volveron a inundar numerosos baixos e garaxes da zona. Os veciños, fartos de que esta situación se repita cada vez que hai fortes precipitacións, piden solucións urxentes ao Concello.
Este foi o panorama co que se atoparon esta mañá os veciños da rúa Fernando Olmedo. Garaxes e baixos asolagados e coches mergullados. A borrasca Elsa está a deixar graves incidencias en toda a comarca e, sen dúbida, este é un dos puntos máis afectados.
A desolación e o enfado dos veciños e comerciantes eran hoxe máis que palpables. Tras as intensas chuvias da pasada noite, esta mañá tocou reparar todos os danos sufridos.
E mentres o goberno municipal asegura que non hai unha solución clara ante este problema, o cabreo dos veciños e dos comerciantes aumenta.
Os veciños están fartos de que esta sexa a imaxe máis común cando se intensifican as precipitacións e, por iso, piden ao Concello que se tomen medidas urxentes para non ter que enfrontarse de novo a esta situación.