RIANXO> A realización do portal no que se recolle toda a información do colectivo foi posible grazas a unha axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa por un importe duns catro mil euros.
Dar visibilidade á muller que traballa no sector do mar é un dos principais obxectivos que busca a asociación ‘Mulleres Salgadas’ coa posta en marcha da súa nova páxina web: www.mulleressalgadas.es. O proxecto foi posible grazas a unha axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa por un importe duns catro mil euros.
Os contidos da web son do máis variado, destacando un amplo dossier de fotografías realizadas a sociais do propio colectivo traballando nos seus diversos ámbitos.
Constituída no ano 2016 no ámbito da ría de Arousa, a asociación Mulleres Salgadas ten coma peculiaridade que se trata da primeira organización a nivel autonómico que está conformada única e exclusivamente por mulleres do sector pesqueiro.